Clariño

Poñer orde nos momentos de cambio

Acompañámoste para recuperar a claridade e o equilibrio nos teus espazos, ao teu ritmo e respectando o que de verdade importa.

baixa
Quen somos

Ordenar non é eliminar: é quedar co importante e atoparlle o seu lugar

Clariño nace para acompañar ás persoas en momentos de cambio, axudándoas a recuperar a orde, a claridade e o equilibrio nos seus espazos.

Somos unha marca próxima e sensible que entende a organización como un proceso persoal, adaptándose a cada situación e ofrecendo apoio en mudanzas, reorganizacións ou etapas vitais que requiren poñer orde e comezar de novo.

Acompañar Ordenar Claridade Equilibrio
Caixas de organización ordenadas
Servizos

Apoio en cada tipo de proceso

Adaptámonos a cada momento vital. Estas son as formas máis habituais nas que podemos acompañarte.

Mudanzas

Planificamos, clasificamos e organizamos antes, durante e despois da túa mudanza para que chegues a un fogar xa en orde.

Reorganización de espazos

Repensamos armarios, cociñas, despachos ou trasteiros para crear sistemas de orde sinxelos, funcionais e fáciles de manter.

Novas etapas vitais

Acompañámoste con sensibilidade nos cambios importantes —un baleirado, unha herdanza, un novo comezo— respectando cada historia.

O proceso

Do desorde á claridade

Partimos dunha situación complexa e acompañámoste, paso a paso, ata atopar unha nova orde máis clara, funcional e equilibrada.

1

Escoita

Coñecemos a túa situación, o teu espazo e o que necesitas neste momento.

2

Clasificar

Separamos, decidimos e quedamos co que aporta valor, sen presa.

3

Ordenar

Creamos un sistema claro e funcional, pensado para o teu día a día.

4

Equilibrio

Un espazo en calma que podes manter con facilidade co paso do tempo.

proceso + orde = resultado

Traballos

Espazos que respiran

Do nó que se desfai á liña clara: pequenos e grandes procesos de transformación.

Contacto

Comecemos a poñer orde

Cóntanos que necesitas e buscamos xuntos o mellor xeito de acompañarte. Escríbenos sen compromiso e respondémosche o antes posible.

Galicia · desprazamentos a consultar

Escríbenos por WhatsApp